Felipe VI promete unha España ‘unida’ na que ‘caben todas as sensibilidades’

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/19/proclamacion_novo_rei.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/19/proclamacion_novo_rei.mp4{/flowplayer}

 

O SALNÉS> España xa ten novo rei. Dende a medianoite, Felipe VI ocupa a xefatura do Estado despois de que Don Xoan Carlos asinara no Palacio Real a lei pola que abdicaba á Coroa onte pola tarde. O proceso culminou esta mañá coa proclamación do novo monarca nas Cortes Xerais.

A mañá arrancaba cedo. Ás 10 menos cuarto comezaban os actos no Palacio da Zarzuela, onde Felipe VI recibiu o Faxín de Capitán Xeral. 

Tralo percorrido por Madrid cara o Congreso, Felipe VI prestaba o seu xuramento ante as Cortes Xerais, que o proclamaron Rei de España.

Ante as Cortes, Felipe de Borbón daba tamén o seu primeiro discurso como Rei. Unha intervención na que ofreceu unha monarquía renovada para un tempo novo.

E do Congreso, cara o Palacio Real. O Rei Felipe VI, a Raíña Letizia, a Princesa de Asturias e a infanta Sofía foron os primeiros en saír ao balcón. Os reis Xoán Carlos e Sofía tampouco faltaron no saúdo á Praza de Oriente.

Milleiros de persoas acompañaron a Don Felipe en Madrid nos diferentes actos da súa proclamación. En O Salnés, moitos preferiron optar polo sol e as vacacións, aínda que outros si que seguiron a cerimonia.

O Rei manterá mañá o seu primeiro despacho co presidente do Goberno. O seu primeiro acto como Felipe VI en Galicia será o 16 de xullo en Marín, cando os novos monarcas presidan a entrega de reais despachos aos novos oficiais da Armada na Escola Naval de Marín.