A Festa da Ameixa de Carril despacha máis de seis mil racións

ameixa_carril100_240809.jpgVILAGARCÍA> A conselleira do Mar apostou en Carril por reordenar os parques de cultivo de ameixa e ampliar as zonas marisqueiras.

{flowplayer}images/salnes/ameixa_carril.flv{/flowplayer}

VILAGARCÍA> Reordenar os parques e ampliar o número de zonas marisqueiras produtivas son apostas da Consellería do Mar e así o indicou a titular deste departamento Rosa Quintana, na Festa da Ameixa de Carril, en Vilagarcía.

Quintana asegurou que a Xunta continuará a traballar por preservar e aumentar a riqueza da ameixa, ó tempo que puxo á ameixa de Carril como exemplo de marca de calidade. A conselleira do Mar actuou como Gran Mestra da Orde da Ameixa e impuxo as distincións ós novos membros. Os actos oficiais iniciáronse coa lectura do pregón, a cargo do regatista Antón Paz, tralo que se entregaron os premios do concurso gastronómico, que gañou Sofía Beiras, a presidenta de Afasal, que doará o premio, de mil euros, á súa asociación.

A Orde da Ameixa de Carril concedeu o título de Parquista Xoven a Inmaculada García; e o de Parquista de Honra, a Carmelo Pintos. A alcaldesa Dolores García foi nomeada Dama da Ameixa, mentres que o Cabaleiro da Ameixa foi o empresario Andrés Quintá. A Orde da Ameixa de Carril concedeu a Ameixa de Prata a Caixanova, mentres que a Ameixa de Ouro foi para Jesús Lorenzo, propietario da conserveira Los Peperetes de Carril.

Os actos oficiais contaron coa presenza de numerosas autoridades, como o ministro de Fomento, José Blanco, o presidente da Autoridade Portuaria e varios deputados autonómicos, amais de representantes do Concello e da Deputación.

No apartado gastronómico, nas carpas de degustación que se instalaron na Alameda de Carril repartíronse máis de seis mil racións de ameixas á mariñeira. Preto de sesenta persoas ocupáronse da organización do evento.

Redacción Salnés