Alerta en Caldas pola crecida do río Umia

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/07/total_colas_desbordamento_umia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/07/total_colas_desbordamento_umia.mp4{/flowplayer}

 

CALDAS> Caldas mantense en alerta polo desbordamento do río Umia. A importante crecida das augas durante esta xornada fixo necesaria a apertura dun aliviadoiro do encoro. A media tarde a auga xa superara o seu nivel habitual, anegando varias zonas do centro da vila. Así as cousas, dende Protección Civil non descartaban que continuara aumentando.

A zona da casa do concello e o entorno da Tafona foron dous dos puntos máis delicados e nos que Protección Civil realizou un control máis exhaustivo dos diferentes niveis que foi acadando o río ao longo da tarde. Pero Caldas non foi o único concello que se viu afectado polas crecidas do Umia. Hoxe, o río tamén desbordou ao seu paso por zonas como Cabanelas ou Valga. O incremento do seu cauce deixou imaxes como as que están a ver, con fincas anegadas de auga. Desde que comezou o ano recolléronse 94,6 litros de auga por metro cadrado, máis ou menos a mesma cantidade acumula na estación de Corón nos primeiros días do outono. Ademais, as chuvias que estrearon este 2016 vannos acompañar un tempo máis. Segundo Meteogalicia, seguirá chovendo na comarca alomenos unha semana máis, mantendo o nivel de alerta amarela por fortes ventos na costa.