O BNG pide a paralización das negociacións coas concesionarias das autovías

    BARBANZA> Ana Pontón criticou a intención da Xunta de compensar economicamente ás empresas adxudicatarias das autovías do Salnés e do Barbanza ante a diminución de tráficos. O anuncio da propia directora da Axencia Galega de Infraestruturas, Ethel Vázquez, quen asegurou que a Xunta está a estudar a maneira menos gravosa de compensar ás adxudicatarias das autovías do Barbanza e do Salnés pola diminución do número de tráficos, ante a posibilidade de que puideran entrar nun concurso de acredores, non foi moi ben acollido nas filas nacionalistas. A deputada Ana Pontón criticou esta posibilidade, pedindo a paralización de todo o proceso de negociación coas concesionarias. Por esta razón o BNG ten previsto presentar unha iniciativa parlamentaria para que se manteñan as tarifas nos mesmo termos nos que están agora, sen alterar as apooacións en función da diminución do número de vehículos.