Pedro Sánchez busca apoios en Vilagarcía presentándose como o aval do cambio

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/23/pedro_sanchez_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/23/pedro_sanchez_vilagarcia.mp4{/flowplayer}

 

VILAGARCÍA> Os socialistas vilagarciáns recibiron esta mañá a un dos candidatos a dirixir o novo proxecto do Partido Socialista. O aspirante á Secretaría Xeral do PSOE, Pedro Sánchez, arrancou na vila a súa xira galega para conseguir apoios de cara ao congreso federal do partido do 13 de xullo.

Vilagarcía foi o punto de partida da xira galega de Pedro Sánchez, que opta a dirixir o Partido Socialista. Na súa visita á capital arousá, o aspirante ás primarias pediu á formación que mire cara os desfavorecidos.

Sánchez terá que conseguir antes do venres os apoios internos suficientes para o congreso federal do 13 de xullo, presentándose como a garantía do cambio que precisa o PSOE.

Por iso continuará facendo quilómetros para intentar convencer aos seus compañeiros de partido e gañar o seu apoio.

Sobre Eduardo Madina, Sánchez amosouse confiado nas súas opcións, aínda que insistiu no respecto cara as demais candidaturas que poidan presentarse.