Os sindicatos tomarán as rúas de Ribeira

    RIBEIRA> Esta concentración, que defende os dereitos da clase traballadora, será unha das 11 que están previstas en toda a xeografía Galega.

    Comisións Obreiras, UXT e CIG uniranse na vindeira concentración do 30 de xuño para protestar contra a criminalización sindical e ós recortes de dereitos democráticos. Nas mobilizacións serán protagonistas, Tamara, Ana, Serafín e Carlos, catro sindicalistas galegos condenados a 3 anos de cadea. Cualifican de inxustas e abusivas as penas establecidas. Critican a dureza coa que o goberno trata á clase traballadora. Con estas penas, apuntan, queren amedrentar a masa social para que non saia as rúas e non reclame os seus dereitos. Fan un chamamento para que a clase traballadora plante cara a persecución penal da liberdade sindical e instaron ademais ó goberno central a anular as ordes de ingreso en prisión para os catro galegos. Resaltan que o pobo é quen debe poñer fin os ataques do goberno contra a folga, a manifestación e a contestación social.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/25/sindicatosbarbanzamobilizacion2506141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/25/sindicatosbarbanzamobilizacion250614.mp4{/flowplayer}