O goberno de Lores aproveita a baixa dun edil do PP para aprobar os orzamentos

 {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/07/LORESORZAMENTOS.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/07/ORZAMENTOS PONTEVEDRA.mp4{/flowplayer}

 

 

PONTEVEDRA > Aprobados os orzamentos para o 2016 do Concello de Pontevedra non exentos de polémica. O alcalde tivo que facer uso do voto de calidade do que dispuña para resolver o empate que se produciu con 12 votos a favor e 12 en contra. Dende o Partido Popular acusárono de aproveitarse da ausencia dun dos seus compañeiros por operación para aprobar uns orzamentos que ninguén quería.

72 millóns de euros e un 3’5% máis que no ano 2015, pero nin o ditame favorable da comisión informativa nin a explicación do concelleiro de Facenda convenceron a PP, PSOE, Ciudadanos e Marea. As catro formacións políticas na oposición pontevedresa manifestaron abertamente a súa intención de votar en contra duns presupostos aos que presentaran sendas emendas á totalidade que foron denegadas polo BNG.

Os orzamentos presentan grandes partidas con destino á saneamento, infraestruturas deportivas e accesibilidade no rural e no urbano que roldan cada unha entre o millón e os dous millóns de euros. E o edil de facendo quixo recalcar que a maioría dos investimentos deste Concello se fan con fondos propios e o aforro neto positivo é de 6’5 millón de euros.

Para Raimundo González as queixas non se sostiñan e só demostraban que os presupostos que cualificou de expansivos e investidores eran, en palabras do edil “magníficos”.

A pesar de aprobar dúas emendas parciais de Ciudadanos e Marea, á hora de votar producíase o empate. Doce votos a favor do BNG, ningunha abstención e doce votos en contra das outras catro formacións entre as que se ausentaba o edil popular César Abal que se sometía nese momento a unha operación cirúrxica. Nin se suspendeu o pleno nin ningún dos concelleiros do Bloque Nacionalista Galego se levantou para equilibrar as forzas. Como consecuencia, e ante dúas votacións co mesmo resultado o alcalde fixo uso do voto de calidade que lle outorgaba a presidencia do pleno e aprobou os orzamentos.

Desde o Partido Popular, que esperaban un xesto de cortesía por parte de Fernández Lores, non dubidaron en criticar a súa actuación.

Os orzamentos quedan por tanto aprobados ante a espera dalgunha alegación, pero non cabería a posibilidade de que se volvesen a votar.