Presentan en A Toxa un equipo internacional de estudo da eficiencia enerxética

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/25/plataforma_eficiencia_enerxetica.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/25/plataforma_eficiencia_enerxetica.mp4{/flowplayer} 

 

O GROVE> A Toxa, escenario dunha presentación a nivel mundial. A Illa acolleu o nacemento oficial da primeira plataforma europea de investigación sobre economía da eficiencia enerxética, Ergon. Realizouse no marco do congreso que se está a celebrar sobre a materia, no que a elite científica defende o uso de políticas efectivas para fomentar o aforro.

Expertos internacionais buscarán as claves para aforrar enerxía. Con este obxectivo, constituíron Ergon, a primeira plataforma europea de investigación na materia.

Para a comunidade científica, o maior potencial de eficiencia enerxética sitúase no sector residencial, seguido polos do transporte e o industrial.

Un fogar medio español podería aforrar entre 450 e 680 euros ao ano con melloras no illamento e cambios a sistemas de iluminación, equipos de calefacción e electrodomésticos máis eficientes. De aí que se destaque a importancia do comportamento do consumidor.

Por iso, Ergon nace cunha folla de ruta clara: estudar a materia para aconsellar aos políticos que decisións tomar.

A presentación de Ergon realizouse no marco do Workshop Atlántico sobre Economía Enerxética e Ambiental, que está a reunir na Toxa á elite científica nestes eidos.