O BNG rexeita o ‘pacto sen límites’ proposto por Louzán para manter a Deputación

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/29/deputacion_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/29/deputacion_pontevedra.mp4{/flowplayer}

     

    PONTEVEDRA> O presidente da Deputación continúa resistíndose a dar por perdido o seu posto. Rafael Louzán insistiu esta mañá na súa oferta de pacto ao Bloque Nacionalista Galego, falando de acordo sen límites. Pero polo de momento, o presidente popular non foi capaz de seducir ao BNG; tanto o deputado César Mosquera como o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores negaron un pacto cos populares.

    Ao BNG sóbranlle pretendentes na Deputación de Pontevedra. Esta mañá, o actual presidente insistiu na súa proposta aos nacionalistas, ampliando a oferta inicial.

    Louzán aproveitou a rolda de prensa dos venres para gabar a xestión nacionalista. Tamén o traballo nado da colaboración entre a Deputación e o concello pontevedrés que, asegurou, sempre foi en beneficio dos pontevedreses.

    Pero as razóns do presidente non convencen ao BNG. Os nacionalistas desconfían das intencións da proposta de Rafael Louzán, pero tampouco están dispostos a aceptar un pacto cos socialistas sen condicións.

    Dende o concello, o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores reforzou os argumentos do seu deputado. E insistiu: non se plantexan un pacto co PP.

    Os nacionalistas pediron calma e aprazaron a súa decisión a escoitar a opinión da militancia.

    O PSOE non quedou fóra deste cruce de propostas. Esta mañá, o seu secretario xeral na provincia reiteraba a súa oferta.

    Sobre a oferta dun acordo sen límites lanzada por Rafael Louzán ao BNG, Santos Héctor cualificouna como lexítima, e insistiu en que a valoración final depende dos nacionalistas. 

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí