Unha chamada anónima frusta un roubo nun local hostaleiro da Pobra

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/19/detenciongardacivilpobra1908141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/19/detenciongardacivilpobra190814.mp4{/flowplayer} POBRA> Os axentes da Garda Civil de Boiro lograron deter, na madrugada de onte, a un veciño da localidade cando intentaba acceder ó interior dun bar situado no porto comercial. A chamada dun veciño alertando da presenza dun home que ó parecer estaba intentando roubar no bar existente nas inmediacións do porto comercial da Pobra do Caramiñal posibilitou que os axentes da Garda Civil de Boiro pudieran proceder á detención esta pasada madrugada dun veciño da localidade, de 49 anos, coma suposto autor dun delito de furto en grao de tentativa. Unha vez localizado, os axentes do Instituto Armado confirmaron as súas sospeitas, xa que o detido presentaba pequenos cortes nos seus brazos que pudieran producirse cando intentaba acceder ó interior do local hostaleiro, atopando tamén nas inmediacións unha cizalla empregada para tratar de romper as reixas da fiestras. Os feitos xa foron postos en coñecemento da autoridade xudicial, a cuxa disposición se atopa agora o detido.

Comments are closed.