Unha trintena de bolseiros acadan o seu primeiro traballo

PONTEVEDRA> Vinteseis mozos e mozas da provincia de Pontevedra comezarán a traballar no sector turístico a primeiros do mes que ven, no que será o seu primeiro emprego traballando do que estudiaron. Esto será posible grazas a un adianto dunha parte do segundo Plan de Prácticas Laborais en empresas da Deputación de Pontevedra.

Preto dunha trintena de mozos e mozas da Provincia de Pontevedra terán este verán a súa primeira oportunidade laboral no sector turístico, para o que están suficientemente formados. Tras longos anos de estudio agora poderán levar á práctica o coñecido como bolseiros en empresas da Provincia, grazas a terse acollido ó segundo Plan de Prácticas laborais promovido pola Deputación de Pontevedra. Esta mañá os bolseiros escollían empresas e coñecían os responsables das mesmas co fin de poder empezar xa o vindeiro un de xullo; en plena tempada alta. En virtude deste convenio os mozos poderán adquirir experiencia no mercado laboral, ó tempo que se lle dá un pulo á profesionalización do sector ó introducir nas empresas da Provincia xente con intensa formación específica. Os contratos de prácticas poderían prolongarse ata un ano, e logo, se as partes así o acordan, formalizar un contrato laboral xa en plenas garantías. A acollida de empresarios e traballadores desta iniciativa non puido ser mellor. As dúas partes acordaban hoxe os pormenores do traballo a desenvolver polos bolseiros nos vindeiros meses. Malia a concesión destas bolsas arestora, aínda están pendentes de cubrir outras catro no sector turístico posto que non se cubriron as vacantes destinadas a técnicos directores de cociña. Asemade, en setembro adxudicaranse as outras bolsas ofertadas pola Deputación, ó igual que se fixo ca primeira edición aínda vixente.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/25/bolseiros.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/25/bolseiros_deputacion_250614.mp4{/flowplayer}