Hai dous novos imputados nas investigacións urbanísticas de Sanxenxo

    SANXENXO> Xa son 16 as persoas imputadas nas investigacións sobre urbanismo de Sanxenxo. O Xulgado número 2 de Cambados ven de imputar a dúas novas persoas :un técnico municipal e unha arquitecta particular.

    Hai dous novos imputados na trama de suposto corrupción urbanística do Concello de Sanxenxo. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ratifica que o Xulgado de Instrucción número 2 de Cambados acordou imputar a un técnico e a unha arquitecta particular. O técnico é o último xerente de urbanismo e actual xurídico neste Concello, Juan Lorenzo Ramírez, ó que se lle atribúe un suposto delicto de prevaricación e tráfico de influencias no expediente sobre o edificio da rúa Progreso. A outra nova imputada por un delicto contra a ordenación do territorio é Elena L. F, a arquitecta das obras que a firma Caneleiro Inversión executou nun chalés en Bascuas. Amais, o xulgado cambadés acordou practicar novas dilixencias na investigación e segmentar o procedemento en cinco pezas por cadansúa obra das que se están a analizar. Esta mesma semana, o xuíz encargado do caso Juan Manuel Hermo continuará ca toma de declaracións, xa que o anterior xerente e arquitecto municipal Rafael Vázquez Abal, e o aparellador, Pablo Guio del Álamo solicitaron ampliar as súas declaracións. Neste macro caso hai arestora unhas 16 persoas imputadas: entre eles traballadores do Concello, empresarios, veciños e mesmo cargos políticos como a actual alcaldesa de Sanxenxo Catalina González e a secretaria xeral de urbanismo da Xunta de Galicia, Encarnación Rivas.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/25/sanxenxo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/25/trama_urbanistica_sanxenxo.mp4{/flowplayer}