Requerimento previo para a anulación da prórroga de ENCE

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra non desiste e continúa cos trámites para a nulidade da prórroga concedida a ENCE durante 60 anos máis na súa localización da ría. O goberno local enviará agora ao ministerio de Medio Ambiente un requirimento previo ao recurso para a anulación da mesma.

 

Tivo que ser en Xunta de Goberno Local Extraordinaria debido a extensa documentación aportada, pero esta mañá o concello de Pontevedra chegaba ao acordo de enviar un requirimento previo ao ministerio de Agricultura e Medio Ambiente pedindo a anulación da prórroga concedida a ENCE.

Nun amplo informe de máis de 30 follas, o Concello asegura que simplemente pola caducidade da concesión ditaminada polo Tribunal Supremo e recoñecida parcialmente por Costas a prórroga xa non podería ser outorgada, mais engaden que esta xa foi condenada por delito ecolóxico, que vai en contra das directivas europeas de libre competencia, debido a que os donos de ENCE pagaron ao Estado un prezo inferior do establecido ao ter que abandonar Lourizán en 2018 provocando un enriquecemento desproporcionado cunha consecuentes redución de parte deses ingresos á Facenda Pública, e tamén que o complexo industrial é nocivo e contaminante para a ría e que dificulta a súa conservación e rexeneración.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/22/xgl_extraordinaria_ence.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/22/xgl_extraordinaria_ence.mp4{/flowplayer}