Pontevedra convértese na referencia do emprendemento galego coa celebración de Pont-Up Store

PONTEVEDRA> A Praza de España convértese, dende hoxe, no centro do emprendemento galego. O é grazas á celebración dunha nova edición do Encontro Pont-Up Store. Un evento polo que pasarán 46 profesionais para mostrar os seus produtos. Ademais, durante toda a fin de semana haberá charlas, actividades e talleres para todos os públicos.

Este é o espazo de referencia do novo emprendemento de Galicia. O Pont-Up Store está xa instalado na praza de España. Por aquí pasarán esta fin de semana arredor de 46 profesionais de diferentes ámbitos para presentar os seus proxectos. 14 deles o farán a través das charlas e actividades programadas. Os 34 restantes contan, dende hoxe cun stand, coma este. Unha experiencia única e multisectorial, xa que aquí se poden encontrar produtos de todo tipo. Dende tecnoloxía e videoxogos…

Pasando por produtos de cosmética e téxtil…

Ata stands que ofrecen produtos cotiás como o pan ou a froita pero dunha maneira máis innovadora.

Sen dúbida este espazo é unha oportunidade para todos os emprendedores galegos para dar a coñecer os seus proxectos e facerse un oco no mercado empresarial.

Promover e dinamizar a cultura do emprendemento galego. Eses son os obxectivos principais deste Pont-Up Store. Un espazo que se converterá, esta fin de semana, no impulso da xente valente.