A Xunta autoriza a declaración de utilidade pública da futura EDAR de Ribeira

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/26/edarribeira2606141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/26/edarribeira260614.mp4{/flowplayer} RIBEIRA> A nova infraestrutura, cun investimento de preto dos 25 millóns de euros, dará servizo a preto de 32 mil persoas. O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe da autorización, por parte do Consello da Xunta, do inicio das expropiacións para as obras da depuradora e dos colectores xerais de Ribeira. Dáse así, segundo el, un paso máis cara á súa adxudicación, un trámite que se agarda realizar nas próximas semanas. O titular do Goberno Autonómico detallou que as expropiacións teñen un prazo previsto de 18 meses e que o seu custo será financiado integramente polo Estado, a través da sociedade AcuaEs, que será a encargada de executar a obra da mova EDAR por un importe de máis de preto dos 25 millóns de euros. A futura estación depuradora estará situada no polígono de Couso e dará servizo a unha poboación aproximada dun 32.000 habitantes, permitindo a depuración das augas residuais do casco urbano de Ribeira, tamén a Aguiño e ós núcleos da Ameixida, a Revolta e Castiñeiras.