Crustáceos e peixes protagonistas dunha exposición fotográfica

    BOIRO> Durante o vindeiro mes de xullo, o Náutico Marina de Cabo de Cruz acollerá unha exposición de fotografía submarina para goce de todos os visitantes.

    A fotografía e o vídeo submarino están collendo cada vez máis peso na localidade boirense. A través da ollada de Jacobo Alonso e Jorge Candán, achegámonos ó ecosistema da ría e a multitude de especies das profundidades. Alonso e campión galego de fotografía submarina e Candán campión de España e a súa vez campión mundial de vídeo submarino. Os seus traballos lucirán na Porto Marina de Cabo de Cruz durante todo o mes de xullo. O Náutico boirense mostrouse firme en seguir apostando polo submarinismo entre as súas liñas deportivas. Coincidindo coa ocasión, o presidente da entidade anunciou cursos subvencionados para os integrantes da escola deportiva. O alcalde mostrouse orgulloso do traballo que se realiza desde o Náutico, en prol do deporte, da cultura, e a actividade Náutica. Mostrou ademais a súa admiración polo traballo desenvolvido por Jacobo Alonso e Jorge Candán.

    Comments are closed.