Tomás Fole advirte do elevado custe que podería supoñer Luz Salgada

    VILAGARCIA> Malia a falla de fondos municipais que se reiteran desde o Concello de Vilagarcía ante diversas necesidades, o Alcalde Tomás Fole asegura que o consistorio sería quen de devolver o préstamo de Luz Salgada e os seus intereses. Estamos a falar de 4.3 millóns de euros que penden agora da última posibilidade legal: un recurso ante o Supremo.

    No Concello de Vilagarcía albíscase un futuro económico especialmente comprometido. O último varapau da xustiza respecto ó caso Luz Salgada, o fallo da Audiencia Nacional na contra dos seus intereses obrigaba ó Concello a devolver os 4.3 millóns de euros. A decisión adoptada é a de seguir recorrendo, desta volta diante do Tribunal Supremo mediante a Axencia de Turismo de Galicia, o que fai que os intereses sigan aumentando e poidan chegar a ser insostibles para as arcas municipais de ter que devolvelos. Ante esta preocupante situación o Alcalde Tomás Fole asegura que Vilagarcía daría pagado os 4.3 millóns de euros que lle reclama o Ministerio de Industria e a xustiza. Outro tema espiñento ó que respondeu hoxe o rexedor vilagarcián foi ás supostas irregularidades do PXOM. Para Fole tratase de reaxustes. Arestora os técnicos municipais está a analizar a natureza dos cambios solicitados nesta revisión ca que adaptar o PXOM á lei do solo. A problemática reside na cualificación de Vilagarcía como distrito único; co que un cambio aplicado no casco urbán, por exemplo, afectaría tamén a calquera núcleo rural.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/27/LUZ_SALGADA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/27/luz_salgada.mp4{/flowplayer}