RIBEIRA> A través dun escrito remitido ós Ministerios de industria e Traballo, a Asociación de Empresarios de Ribeira, demanda maior apoio para os autónomos e as empresas nestes momentos difíciles polos que están a pasar. Dende a patronal ribeirense sinalan que o establecemento das actuais liñas de creto son insuficientes para que as pemes e os autónomos poidan saír adiante.
Entre outras cuestións, pare evitar que a maioría dos negocios existentes na comarca se vexan avocados ó peche definitivo, dende a patronal ribeirense piden unha maior implicación por parte das Administracións.
Dende a entidade entenden tamén que a decisión do Goberno de prohibir os despedimentos por causas económicas, técnicas de produción ou por forza maior provocará aínda maiores custes para as empresas, moitas das cales de verán forzadas ó peche ó non poder asumir os custes da crise.