Imputan a dous empresarios noieses por recepción de chatarra roubada

    NOIA> Segundo as investigacións levadas a cabo pola Garda Civil os dous imputados estiveron adquirindo cable de cobre que anteriormente fora roubado. Axentes da Garda Civil de Noia adscritos ó Corpo da Policía Xudicial deron un importante golpe a compra-venda ilegal de chatarra, imputando a dous chatarreros da localidade como supostos autores dun delicto continuado de receptación. As investigacións levadas a cabo polos axentes no últimos seis meses posibilitaron levar a cabo a operación, pois ó parecer os dous empresarios estiveron adquirindo cable de cobre, máis de cinco toneladas, de dudosa procedencia e que ó parecer fora roubado por clanes integrados, fundamentalmente, por ciudadáns de orixe romanesa. A maioría das personas que integran estas familias xa tiñan antecedentes por roubos de cable de cobre. Os feitos foron postos xa en coñecemento do Xulgado de Garda de Noia.