O Noia Portus Apostoli segue facendo historia

NOIA> Onte, diante da súa afección, conseguía vencer na final da Copa Galicia ó Lugo Fútbol Sala por un claro 5 a 1. Os noieses sumaron así o seu segundo entorchado.

Nun Agustín Mourís ateigado ata a bandeira. O Noia Portus Apostoli refrendou a súa condición de favorito na final da Copa Galicia Masculina disputada onte mércores ante o Lugo Fútbol Sala.

O feito de xogar na casa tamén axudou, e a afección levou practicamente en volandas ó equipo de Marlon Velasco que vencía por un contundente 5 a 1.

Os noieses suman a seu segundo trofeo de Copa Galicia, despois do conseguido o pasado ano en Marín.

LLuc, en dúas ocasións, Douglas, Pirata e Álex García, facían os tantos do Noia, mentres que Antonio Diz foi o autor do único gol para os lucenses.

A vitoria fai máis grande aínda ós noieses que están a vivir a etapa máis prolífica da súa historia, co ascenso o pasado ano á categoría de elite do fútbol sala nacional, hai que engadirlle o feito de que, a pesar de ser novato na categoría, xogará os playoff polo título ligueiro, algo impensable ó inicio de campaña e que demostra o bo facer do equipo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí