Ó BNG de Boiro levará á Fiscalía o abandono do Pazo de Goiáns

    BOIRO> O BNG denunciará ante a Fiscalía o estado de abandono en que se atopa o pazo de Goiáns. Acusan, non só ó concello, senón ó resto de administracións que deberían velar pola conservación deste ben patrimonial que, na actualidade, atópase practicamente en ruínas. Os nacionalistas boirense rexistraban no concello un escrito sobre o estado do Pazo de Goiáns. Non se trata dunha denuncia nova senón que levan anos demandando que se poña fin ó deterioro deste conxunto patrimonial. Unha denuncia pública que agora pretenden formalizar ante a Fiscalía e os organismos competentes. Dende o BNG atribúen o abandono do pazo e da Xunta ó desinterese do concello que nin tan sequera foi quen de executar a subvención concedida no seu día polo Ministerio de Cultura para a mellora das cubertas, o que derivou na perda dos fondos.