As farmacias sofren un gran desabastecemento de medicamentos

PONTEVEDRA> As farmacias de Pontevedra están sufrindo un desabastecemento en varios medicamentos. O motivo principal son os baixos prezos fixados polo Estado que levan ás grandes industrias farmacéuticas a desviar a súa produción a outros países europeos.

Desabastecemento de medicamentos, ese o principal problema ao que teñen que facer fronte as farmacias de Pontevedra. Unha situación que afecta diariamente a centos de pacientes.

Un dos motivos principais deste desabastecemento son os baixos prezos que teñen algúns medicamentos e que levan ás industrias farmacéuticas a vender os seus produtos noutros países europeos onde o beneficio é máis alto.

O colexio de farmacéuticos está traballando para solucionar canto antes este problema.

No que vai de ano, en España xa se detectou un desabastecemento en máis de 100 medicamentos. Unha situación que afecta 480 farmacias en Pontevedra pero que, de momento, non pon en risco a saúde dos pacientes.