A asociación Mº del Carmen Pérez inicia a súa campaña solidaria

Pontevedra> A Asociación María del Carmen Pérez, con sede en Poio, comeza xa a súa campaña solidaria co fin de recadar alimentos e roupa para as familias que máis o precisan. As cestas con produtos alimentarios se repartirán o 21 de decembro, a roupa todos os que a precisen, poden recollela no local desta entidade, situado en fronte de Casal de Ferreirós. María del Carmen Pérez continúa na súa andaina de axudar aos máis desfavorecidos, unha andaina que comezou hai 17 anos de xeito totalmente altruísta e que agora continúa coa formación desta asociación que leva o seu nome. Dende xa están traballando na compaña solidaria de cara ao Nadal para coller roupa e alimentos. No pasado ano axudaron a 257 familias de toda a provincia de Pontevedra, este ano xa están no mesmo camiño. María del Carmen Pérez non ven de momento que a crise marche da sociedade. A presidenta desta entidade lembra que a roupa xa se pode recoller en horario de tardes a partir das 16:30 neste local situados en fronte de Casal de Ferreirós. Así que se queren aportar o seu graniño de area a una boa causa xa poden facelo colaborando con esta Asociación María del Carmen Pérez.