Poio celebrará esta fin de semana a XXVII Festa da Ameixa

POIO> A ameixa será a protagonista este fin de semana en Poio grazas á celebración, o sábado e o domingo, da 27 edición da Festa da Ameixa. Unha exaltación gastronómica con prezos anticrise.

Esta fin de semana serviranse en Poio preto de 600 quilos de ameixa babosa. Acontecerá durante o sábado e o domingo na Praza da Granxa no transcurso da vixésimo sétima edición da Festa da Ameixa de Campelo. O menú mantense ó longo dos anos, e tamén o prezo co fin de que ninguén se quede sen probala. Amais da propia degustación, o Concello programou unha homenaxe e varias actuacións musicais para acompañar a comida. O Concello de Poio inviste neste evento uns 45.000 euros dos que recupera cas vendas algo máis da metade. Amais, durante dous días emprega de forma directa a 14 persoas para conseguir que todo funcione correctamente e que a ameixa da Ría se deguste en condicións, e mais especialmente despois dos episodios de toxina que se rexistraron nos últimos meses e que tanto afectaron á economía local.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/08/ameixa_poio.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/08/ptac_festa_ameixa_poio.mp4{/flowplayer}