A mesa de diálogo sobre o futuro de ENCE será o vindeiro 10 de setembro

PONTEVEDRA> Venres 10 de setembro. Esta é a data marcada polo Goberno do Estado para a celebración da segunda mesa de diálogo sobre o futuro de ENCE. O delegado do executivo central en Galicia foi o encargado de facer o anuncio, non que non especificou o lugar no que se vai celebrar o encontró. Recordemos que onte os traballadores da pasteira reclamaron que fora en Pontevedra.

José Miñones explicou que o Goberno cumpre así o seu compromiso, e asegurou que agarda que a Xunta de Galicia e a dirección da empresa acudan a esta mesa cos informes sobre alternativas para o futuro da factoría. Segundo o delegado, este foi o compromiso que adquiriron na primeira reunión. Miñones insistiu en que agarda que se produzan avances para manter os postos de traballo.

A Xunta, insiste: a solución ten que vir do concello ou do Goberno

A Xunta de Galicia desmárcase das demandas dos traballadores de ENCE. Onte en rolda de prensa os comités de empresa de oficinas e fábrica reclamaban á administración autonómica que buscara solucións xunto ao Goberno do Estado, exercendo as súas competencias en materia industrial.

Hoxe o vicepresidente insistiu en que apoian aos traballadores, pero que a solución ten que vir do goberno central e do concello de Pontevedra. Alfonso Rueda tampouco se pronunciou sobre a solicitude de reunión coa Xunta feita polos traballadores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí