{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/09/presutnopederastameis.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/09/PRESUNTO_PEDERASTA_MEIS.mp4{/flowplayer} MEIS> A denuncia de varios pais de Meis permitiu ó equipo da policía xudicial de Cambados deter a un presunto pederasta. Trátase dun mozo de 24 anos veciño de San Vicente de la Barquera, en Cantabria, que actuaba a través da rede social Twenti. Hai preto dun cento de cativos afectados, todos de entre dez e doce anos, residentes en Galicia, Asturias, Cantabria, Madrid e Valencia. Facéndose pasar por unha nena de quince anos, o presunto pederasta contactaba primeiro cos menores, de entre dez e doce anos, a través da rede social Twenty. Gañábase a súa confianza, e unha vez a obtiña, empezaba a pedirlles fotografías e vídeos de contido sexual nos que apareceran eles. No momento no que os menores querían parar a relación, o presunto pederasta ameazábaos dicíndolles que sabía onde vivían e quen eran os seus pais. A raíz da denuncia interposta por un grupo de pais de Meis, a Garda Civil de Cambados iniciou unha investigación que durou dous meses e daba coa detención deste mozo, de iniciais J.C.G. o pasado xoves. No rexistro da súa casa os axentes incautáronse de abondoso material informático e máis de 70.000 rexistros de comunicacións cun cento de menores residentes en Galicia, Asturias, Cantabria, Madrid e Valencia. Tras ser posto a disposición do xulgados número dous de Cambados, o presunto pederasta quedou en liberdade provisional con cargos e unha orde de afastamento de centros e lugares de reunión de menores.
Inicio crb