BOIRO> O alcalde, Xoán Xosé Dieste, anunciou a actuación cuxas obras se iniciarán en breve despois da súa adxudicación.
As deficiencias existentes no pantalán para embarcacións profesionais en Escarabote serán subsanadas nas próximas semanas, unha vez adxudicada a actuación. Segundo explicou o alcalde, Xoán Xosé Dieste, a Xunta de Galicia, a través de Portos de Galicia, investirá nesta actuación uns 25 mil euros.
A obra neste porto vén a sumarse a outras xa realizadas ou a piques de iniciarse en Cabo de Cruz, como é o caso dos novos pantaláns para embarcacións menores ou para o sector mexilloeiro. Actuacións todas elas que suman un investimento total duns nove millóns de euros por pare da Xunta.