O antigo Exipto pódese admirar este verán en Pontevedra

PONTEVEDRA> Da vida á morte no Antigo Exipto, este é o suxerinte nome co que se presenta a última exposición que alberga o Sexto Edificio do Museo do Pontevedra. Aquí os amantes da cultura antiga poderán ollar de preto 132 pezas auténticas que os axudaran a afondar no seu coñecemento sobre o Exipto doutrora.

Pontevedra acolle varios tesouros arqueolóxicos do Antigo Exipto. O Sexto Edificio do Museo pontevedrés abre a partir de mañá a exposición Da Vida á Morte no Antigo Exipto; unha mostra de 132 pezas procedentes do Museo Exipcio de Florencia; o segundo máis importante de Italia e o décimo en exiptoloxía do Mundo. Aquí poderemos encontrarnos sarcófagos, amuletos da sorte ou outro tipo de utensilios que empregan para acadar a inmortalidade, por exemplo. Entre as pezas dispostas podemos encontrar algunha inédita ou mesmo das pertencentes á colección permanente do museo florentino. O altísimo nivel desta exposición upa a Galicia ó nivel cultural das grandes cidades europeas. A mostra estará aberta do 10 de xullo ó 31 de Agosto, en horario de dez da mañá a oito da tarde. A entrada é de balde.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/09/exipto.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/09/exposicion_exipto.mp4{/flowplayer}