Arranca Titirinoia’ 2014

    NOIA> Durante a fin de semana actuarán na vila as principais compañías galegas de monicreques, ás que se lle sumarán tamén varias formacións chegadas de Madrid, Aragón ou Cataluña. Por segundo ano consecutivo, e vendo o éxito acadado na primeira edición, o concello noiés decidiu apostar novamente pola organización do festival Titirinoia. E a ver o resultado deste primeiro día parece que acertou. O Campo da Feira atopábase totalmente ateigado esta mañá, fundamentalmente nenos, que non quiixeron perderse o primeiro dos espectáculos a cargo do grupo Marionetas Trécola. Ó longo dos próximos días iran subíndose ó escenario as mellores compañías galegas. Este ano e como novidade, a organización decidiu convidar tamén a compañías de fóra do noso territorio como é o caso de Aragón, Cataluña ou Madrid. Ademais dos espectáculos, Titirinoia traerá tamén multitude de postos de artesanía de monicreques.