BOIRO> O grupo de goberno atribúe á deixadez da empresa concesionaria e do anterior goberno o deterioro das instalacións que chegaron a un deterioro tan avanzado que non quedou máis remedio que pechar as instalacións.
Aproveitando o parón durante a pandemia, o concello decidiu acometer unha reforma integral das instalacións que agora está a piques de finalizar.
A intención do goberno é abrir as instalacións nas mellores condicións posibles e non acometer parches que permitan a repaertura sen reunir as condicións e os servizos necesarios para os veciños de Boiro.
O alcalde indicou tamén que a conxuntura económica derivada da suba dos materiais motivou tamén un retraso nos proxectos que se foron acometendo de xeito progresivo e por fases co financiamento das diferentes administracións. Proximamente sairá a licitación a nova cuberta para dar por rematado a última fase dos traballos desta instalación.