A Pobra organiza un curso para formar profesionais en hostalería

A POBRA> O concello da Pobra organiza un curso de operacións básicas en cafetería e bar. O obxectivo é formar persoal cualificado para a hostalería ante a crecente demanda de profesionais por parte do sector.

A demanda do sector hostaleiro do municipio, o concello da Pobra porá en marcha un curso exprés de formación en operacións básicas en cafetería e bar.

Esta acción formativa, con compromiso de contratación de cara ó verán, componse de 39 horas lectivas nas que tamén se inclúe o curso de manipulación de alimentos.

Os interesados en participar poden inscribirse tanto no rexistro do concello como a través da sede electrónica. As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de entrada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí