O BNG solicita que se manteña un sistema de tarificación similar ó nocturno

    bngtarifanocturna_100_010408.jpgRIBEIRA > O BNG de Ribeira levará a pleno unha moción para o mantemento da tarifa eléctrica nocturna.

    {flowplayer}barbanza/bngtarifanocturna.flv{/flowplayer}

    En Galicia existen máis de 160 mil usuarios da tarifa nocturna, o que supón a porcentaxe do 16 por cento en todo o conxunto español. Coa supresión deste modo de tarificación a partir do 1 de xullo deste ano os clientes veranse obrigados a contratar cunha potencia superior á que tiñan no consumo das horas punta cun recargo nestes tramos horarios do 35 por cento, fronte ó 3 por cento actual. Tamén se reducen as bonificacións do 55 ó 47 por cento. En total, o incremento na factura da electricidade pode ascender ó 50 por cento.

    Axudas para a adaptación dos equipos

    Ademais do mantemento dun sistema semellante ó da actual tarifa nocturna, os nacionalistas demandan do Ministerio de Industria a posta en marcha dunha liña de axudas para a adaptación dos equipos acumuladores e sistemas de calefacción en cada fogar.

    Nun primeiro momento estaba establecido que os condsumidores se fixeran cargo tamén dos dereitos de acometida; isto é os cambios nos limitadores e da potencia que finalmente terán que ser asumidos polas compañías eléctricas.

    Os nacionalistas calculan que a media dos custos que pode xerar o cambio das instalacións están en torno ós 300 euros. Por iso, agardan contar co respaldo unánime da corporación para levar adiante a súa proposta evitando que os consumidores resulten especialmente afectados pola supresión da tarifa eléctrica nocturna.

    Redacción Barbanza