Irene Maneiro, nova xerente da Mancomunidade Arousa Norte

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/15/novaxerentearousanorte1507141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/15/novaxerentearousanorte150714.mp4{/flowplayer}

POBRA> Os alcaldes agardan que este novo nomeamento traia consigo numerosos éxitos para o Barbanza.

Os alcaldes da Pobra, Rianxo e Boiro reuníronse no concello pobrense para comunicar o cambio de xerencia na Mancomunidade de Arousa Norte. Irene Maneiro, veciña de Ribeira e técnica de turismo, será a substituta de Fátima Rodríguez. O presidente falounos dos motivos desta cambio. Irene Maneiro tivo palabras de agradecemento para os alcaldes, por confiar no seu traballo, e tamén para os técnicos de turismo dos catro concellos que conforman a Mancomunidade. Mostrouse ilusionada polo novo reto o que se enfronta e encantada de traballar no ámbito que máis lle agrada. O presidente da Mancomunidade quixo destacar o traballo realizado polo equipo técnico, os cales traballan cada día co obxectivo de desenvolver unha mellor oferta turística. Grazas a elo, Arousa Norte xa se sitúa entre as mancomunidades de referencia neste eido. Os alcaldes de Boiro e Rianxo déronlle a benvida a Irene Maneiro. Nesta nova singradura apostan por continuar mellorando e potenciando as boas medidas e traballar duramente para corrixir as debilidades.