Aulas nos pasillos polas goteiras

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/22/inundacionsceippraiaxardin221013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/22/inundacionsceippraiaxardin221013.mp4{/flowplayer} BOIRO> Varias aulas de infantil do CEIP Praia Xardín tiveron que ser trasladadas ó pasillo debido ás filtracións de auga, que impedían o normal desenvolvemento das clases. Nesta aula improvisada. En medio do pasillo, entre percheiros cheos de roupa e paraugas, é onde estes 18 alumnos de infantil, todos eles nenos de tres anos, desenvolven as súas clases. As chuvias destes días provocaron filtracións de auga na súa aula habitual, que afectaron tanto ás paredes coma o chan, así como a diverso material, tanto impreso coma informático. Non é nada novo. Os problemas de filtracións de auga no colexio, un dos máis antigos de Boiro, súmase a unha longa lista de deficiencias que presenta o centro e que tantas veces denunciou a comunidade educativa do Praia Xardín, e que a día de hoxe seguen sen solucionarse. Dende a dirección do centro e a propia ANPA confían en que as Administracións con competencias nesta materia, neste caso consellería de Educación e concello, que xa están informadas do acontecido, tomen cartas no asunto e actúen de urxencia para evitar que este tipo de episodios non volvan ocorrer.