La Pegatina, Sés ou Amparanoia porán parte da banda sonora ao Armadiña Rock 2018

POIO> O mellor rock volta a Combarro un ano máis. O Armadiña Rock volta a vila na súa X edición cargada de coñecidos grupos musicais de actualidade. Do 24 ao 26 de agosto os que lles guste a festa, a música e Combarro… teñen unha cita nesta localidade.
Do 24 ao 26 de agosto todos aqueles que gusten do rock teñen unha cita en Combarro. O X aniversario do Armadiña Rock chegará a vila nas vindeiras semanas con un importante cartel, co que se pretende chegar a ser un referente non só musical senón tamén cultural e turístico.
La Pegatina, Sés ou Amparanoia, forman xunto con outros moitos o cartel de este ano, no que ademais se celebra o décimo aniversario de este evento musical que como cada ano é de valde. Unha iniciativa que naceu coa intención de apoiar ao equipo de fútbol local e que está a converterse nun dos ineludibles dos veráns galegos.
Haberá acampada gratuíta na Reiboa, nas inmediacións do núcleo do festival. A cita, está organizada pola ACDeM Armadiña e conta co apoio de Estrela Galicia, o Concello de Poio, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia e unha ampla lista de colaboracións a título persoal e privado