Os bolseiros fan balance das prácticas da Deputación

PONTEVEDRA> Tras un ano traballando como bolseiros, hoxe tocoulles facer balance da experiencia. Falámoslles de parte dos catrocentos mozos e mozas que veñen de formar parte no primeiro programa de prácticas laborais en administracións públicas da Deputación.

O Presidente da Deputación de Pontevedra reuniuse hoxe cunha representación dos catrocentos mozos e mozas que estiveron traballando como bolseiros no último ano nunha administración pública: ben nun Concello da Provincia ou na propia Deputación. A valoración deste primeiro programa de prácticas para xente moza con alta capacitación teórica foi moi positiva, se ben cabe seguir mellorando certos aspectos que se reflectiron neste axuntamento. E a opinión a ter en conta nesta reunión foi a dos propios bolseiros. Esta iniciativa satisfixo amplamente as súas expectativas de ter a primeira oportunidade laboral no ámbito no que se formaron. Tras este plan de prácticas non hai posibilidade de continuar no seu posto de emprego como si pasa nos plans laborais da Deputación en empresas privadas; co que agora toca facer curriculums vitae para procurarse entrevistas. Uns curriculums nos que agora si poden contar que xa teñen experiencia.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/17/practicas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/17/plan_practica_laboral_deputacion.mp4{/flowplayer}

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí