A Xunta detectou dous casos de intoxicación pola biotoxina ASP

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/06/intoxicacionbiotoxinaasp0608141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/06/intoxicacionbiotoxinaasp060814.mp4{/flowplayer} BARBANZA> Dase a circunstancia de que se trata do primeiro caso detectado en Galicia, advertindo dos riscos de consumir peixe e marisco por fóra das canles legais. Os dous casos de intoxicación pola biotoxina amnésica ASP remóntanse a finais do pasado mes de xullo, segundo se recolle no boletín epidemeolóxico que publica quincenalmente a consellería de Sanidade. Trátase da primeira intoxicación detectada nun hospital público galego debido ó consumo de mexillón en mal estado procedente dun polígono de bateas pechado. Nos dous casos os afectados sinalaron ter consumido este molusco, que mercaran directamente a un produtor ó que non identificaron, polo que se descoñece a zona exacta da súa procedencia. Os dous presentaban unha síndrome confusional e perda de memoria de curta duración. Segundo sinalan os expertos son algúns dos sístomas máis comúns neste tipo de intoxicacións, que mesmo, naqueles casos máis graves, poderían levar aparellado a morte. Fontes da propia consellería do Mar, despois de analizada toda a información, sopeitan de que a procedencia do mexillón en mal estado podería ser dunha zona da ría de Arousa, que polo momento no que se mercou, entre finais do mes de maio e principio do mes de xuño, podería proceder dos polígonos Pobra H ou Pobra G, que daquela estaban pechados pola biotoxina ASP, tal e como se pode comprobar no histórico do estado de zonas na páxina web do Intecmar, órgano que controla os polígonos de tódalas rías e tódolos bancos marisqueiros para que o produto chegue ó consumidor coas máximas garantías. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, volveu a incidir unha vez máis da importancia de non adquirir peixe e maisco por fóra das canles legais de comercialización para evitar problemas de seguridade alimentaria. Nos últimos anos a Xunta incrementou notablemente a vixilancia nos diferentes eslabóns da cadea de comercialización, dende o produtor ó consumidor, cifrándose en máis de 2.500 inspeccións.