Muros homenaxea ós falecidos na traxedia do ‘Santa Ana’

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/17/homenaxemarineirossantaana1707141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/17/homenaxemarineirossantaana170714.mp4{/flowplayer}

    MUROS> Xa é tradición homenaxear ós vellos mariñeiros coincidindo co día do Carme. Nesta XXII edición, ademais de destacar o traballo destes, quíxose lembrar a memoria dos mariñeiros falecidos no naufraxio de Cabo Peñas.

    Tras unha misa na igrexa parroquial, a antiga fábrica de Sel acolleu a homenaxe ós vellos mariñeiros muradáns, ademais de lembrar con especial cariño ós falecidos na traxedia do Santa Ana. No acto estiveron presentes a alcaldesa da vila, Caridad González, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, o patrón maior, Daniel Formoso, así como representantes de Avilés entre os cales se atopaba a súa tenente de alcalde. Todos eles quixeron loar a labor desenvolvida polo sector, e nesta ocasión premiaron ós vellos mariñeiros nados no 1936. Nesta vixésimo segunda edición, era imposible non lembrarse dos mariñeiros do pesqueiro Santa Ana, falecidos no naufraxio fronte a Cabo Peñas. Eles eran veciños e compañeiros de moitos dos alí presentes, por iso a emoción se apoderou do acto. A alcaldesa, Caridad González, aproveitou para agradecerlle ás autoridades avilesinas o trato prestado ás familias dos falecidos na súa triste viaxe a Asturias.