As reivindicacións do rural chegan ao pleno da Deputación

Pontevedra> A nova plataforma veciñal O rural Existe estivo hoxe presente no Pleno da Deputación. Non tiveron a oportunidade de falar porque non o solicitaron en tempo e forma. Ante os medios dende esta plataforma lembran aos mandatarios que o rural ten moitas máis prioridades que a construción de lombos, din que seguridade sí pero saneamento tamén. Pleno movidiño tivemos hoxe na Deputación Provincial. A nova Plataforma veciñal o rural existe estivo presente nesta xornada. Dende esta plataforma reivindican melloras no rural, cren necesaria a construción de lombos, pero tamén cren que o rural ten outras moitas prioridades. No pleno vivíronse algúns momentos de tensión e de reivindicacións… Dende as filas populares foron aplaudidos pola súa intervención. Moldes dixo que a Deputación debe de dialogar cos veciños antes de executar traballos e coñecer así as súas prioridades. A presidenta pediu tranquilidade os asistentes, quenes trala aprobación do plan de Rehabilitación de Firmes nas estradas provincias, un punto onde por certo o PP se abstivo, os preto de 40 membros da Plataforma abandonaron o salón de plenos.