Pontevedra desactiva a situación de prealerta por escaseza de auga para o abastecemento

PONTEVEDRA> O Lérez xa nota o efecto das intensas chuvias rexistradas nos últimos días. Segundo informou hoxe a concelleira responsable do ciclo de auga en Pontevedra, o nivel do río experimentou un incremento espectacular. Tanto que a proposta do concello é desactivar a situación de prealerta por escaseza de auga. As previsións de máis precipitacións nos próximos días permiten confiar en que o incremento se vai manter.

As chuvias intensas e continuadas das últimas semanas fixeron efecto na situación do Lérez. O nivel do río aumentou de xeito importante. Tanto é así que o concello de Pontevedra propón que se desactive a prealerta por escaseza de auga.

Segundo datos do concello, a semana pasada o nivel do Lérez estaba en 1,8 metros cúbicos por segundo. Hoxe acadou os 17,3. As previsións de chuvias para os vindeiros días permiten confiar en que o incremento se vai manter.

Estes niveis permitirían, segundo Da Silva, que ENCE volvera captar auga do Lérez. Pero apuntan dende o concello que o pasado 3 de outubro a fábrica comunicou que ten rota a tubaxe de abastecemento na galegría de servizos que subministra auga á fábrica.

A tubaxe mide uns 10 quilómetros, dos que se romperon aproximadamente 380 metros. Para a reparación é necesaria a intervención de mergulladores, unha operación que vai custar a ENCE uns 459.000 euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí