‘O Mellor da Terra’, a feira de produtos naturais, ecolóxicos e de proximidade de Pontevedra

PONTEVEDRA> Entre o 7 e o 9 de maio, ‘O Mellor da Terra’ estará dispoñible na Praza de España de Pontevedra. Nace a primeira feira de alimentación de produtos naturais, ecolóxicos e de proximidade impulsada polo concello, e na que participarán case unha trintena de pequenos produtores. A iniciativa implica tamén á hostalería, que preparará un roteiro de tapas elaboradas con produtos de proximidade.

26 pequenos produtores, a gran maioría galegos, terán unha cita en Pontevedra do 7 ao 9 de maio. A cidade estrea ‘O Mellor da Terra’, unha feira de alimentación de produtos naturais, ecolóxicos e de proximidade.

Mel caseiro, marmeladas sen colorantes nin conservantes, cecina de León, viños, patés, ovos, queixos ou postres son algúns dos produtos que se poderán atopar na Praza de España.

Esta primeira edición do Mellor da Terra ten como cómplices os hostaleiros pontevedreses. A intención é crear un roteiro de tapas que permita aos clientes probar os produtos que se atopan na feira.

‘O Mellor da Terra’ comezará o venres 7 de maio en horario de 17.00 a 21.00 horas. O sábado e o domingo os stands permanecerán abertos entre as 11.00 e as 21.00.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí