Inaugurada a Feira MEUS VIÑOS

Meis> Onte venres, a Alcaldesa de Meis xunto a diferentes autoridades inaugurou a quinta edición da Feira Meus Viños .

O pregón correu a cargo do xornalista de TVE Roque Durán, que tamén é copropietario da adega Terra de Asorei.

A Feira, xa consolidada no calendario de eventos da contorna, rematará este domingo, e nela participan 13 adegas. Ademáis haberá catas, shocookings e actuacións musicais, entre outras actividades.