A Praza de Abastos de Vilagarcía acollerá varios showcookings para exaltar o produto do mercado

    VILAGARCÍA> Verduras, legumes, pescado ou carne serán só algúns dos produtos que cociñeiros de Vilagarcía utilizaran nos seus showcooking, que terán lugar na Praza de Abastos da localidade durante tres venres do verán. 

     

    Que na Praza de Abastos de Vilagarcía reina a variedade non é unha novidade, pero si que o é, o feito de que a Asociación de Traballadores Autónomos e do Mar, a Asociación de Hostaleiros da vila, e a Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos, presenten a primeira edición do showcooking “Del Mercado a tu mesa”.

    Unha iniciativa que se celebrará durante os meses de xullo e agosto. Facendo un pequeno parón por mor das festas. Recoñecidos cociñeiros da vila serán os encargados de facer a boca auga dos asistentes as demostracións cos seus pratos. 

    Con esta actividade todas as entidades presentes na organización pretenden promocionar os produtos e a cociña do municipio.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/27/ptac_praza_de_abastos_villa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/27/ptac_praza_de_abastos_villa.mp4{/flowplayer}