Sufocado un incendio na factoría de FINSA en Padrón

PADRÓN> Un incendio rexistrado esta mesma tarde, ó redor das tres, nas instalacións que a empresa madeireira Finsa posúe no lugar da Ponte, no concello de Padrón, fixeron saltar tódalas alarmas. Ata o lugar do sinistro desprazáronse rapidamente numerosos medios de emerxencia, entre eles os Bombeiros de Boiro, Noia e Ribeira, ademais do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Padrón, que lograron sufocar as chamas que ó parecer se declararon nunha cinta transportadora de rachas. O suceso causou unha gran expectación na zona, debido á mesta fumareda provocada polo incendio, que mesmo era visualizada dende diferentes puntos da comarca. A última hora da tarde os bombeiros continuaban coas tarefas de refrescado da zona afectada polo lume.