Noia Histórica amósanos os recunchos da vila

    NOIA> A entidade ofrecerá, un ano máis, visitas guiadas durante os xoves e sábados do mes de agosto.

    Vista a boa acollida das pasadas edicións, a asociación de comerciantes Noia Histórica volve a organizar visitas guiadas pola vila co obxectivo de explotar as posibilidades do municipio. Os percorridos vanse realizar os xoves e sábados de todo o mes de agosto, cun horario que irá desde as 12:00 ás 14:00. Preténdese que, unha vez conclúa o roteiro, os participantes queden a xantar en restaurantes noieses. Os participantes poderanse mergullar na historia noiesa a través das visitas ó claustro do concello, á alameda, á igrexa de San Francisco, de San Martín, á de Santa María a Nova, ademais do museo Laudas Gremiais entre outras rúas e pazos da vila. O custe desta extensa visita é de 2 euros, que son recuperables ó consumir nos establecementos que están asociados a Noia Histórica. Estas rutas están anunciadas en boa parte da xeografía galega, para captar numerosos visitantes e potenciar ó mesmo tempo ó turismo e ás ventas na vila noiesa. Non obstante, é curioso que son moitos os residentes do municipio que optan tamén por participar nesta actividade.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí