A comisaría de Ribeira podería estar rematada a mediados do vindeiro ano

RIBEIRA> Así o confirmou a Subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López Rioboo, durante unha visita ás obras.

A Subdelegada do Goberno na Coruña achegouse esta mañá ata a parcela de Fontán onde se constrúe a nova comisaría da Policía Nacional e ver in situ as obras. Segundo ela os traballos marchan a bo ritmo polo que poderían estar xa rematados a mediados do ano que vén.

O alcalde confía en que as obras da nova comisaría veñan aparelladas tamén cun incremento do número de axentes para dar resposta ás necesidades que presenta o municipio.

O custe da nova comisaría ascende a máis de dous millóns e medio. O proxecto contempla un edificio cun soto e dous andares. O inmoble incluirá unha galería de tiro e contará con tódolos servizos necesarios para o desenvolvemento da actividade policial, incluindo unha oficina da Unidade de Atención á Familia e Muller.

A Subdelegada do Goberno na Coruña aproveitaba a visita para facerlle entrega tamén ó alcalde dun total de nove mil mascarillas para súa distribución a centros escolares e colectivos vulnerables.

A entrega forma parte da nova remesa de material de protección acordado polo Goberno Central coa Federación Española de Municipios e Provincias, que se distribuirá durante os próximos días por concellos e entidades sociais, coincidindo co inicio do curso escolar.

Nesta ocasión, priorizarase o reparto entre o persoal dos centros educativos e en colectivos vulnerables, de acordo ás necesidades e criterios que estableza o propio a Concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí