“Invernada” gaña o concurso de ideas do Club Nautico da Illa

    A ILLA> Invernada é o nome do estudio gañador do concurso de ideas do anteproxecto do Club Náutico da Illa de Arousa. Esta actuación, sufragada pola Deputación de Pontevedra e o Concello da Illa, estará rematada antes do remate do vindeiro ano 2015.

    Invernada é o título do estudio gañador do concurso de ideas do anteproxecto do Club Náutico da Illa. Finalmente foi unha empresa de Nigrán a que recibirá o primeiro premio de doce mil euros de entre os 68 estudios presentados. A eficiencia enerxética e a súa integración na paisaxe da entrada da Illa, na zona do Bao, son as claves desta proposta arquitectónica. Os outros dous finalistas, Slalom e Gran Illa, levaran cadanseus cinco mil euros de accesits. Por diante, queda agora a elaboración do proxecto con tres zonas de usos comúns: ximnasio, cafetería e de práctica deportiva nunha parcela de case 3.900 metros cadrados. Aquí, convivirán os 280 socios do Club de Piragüismo e os 700 da Asociación de Dornas a Vela; que hoxe se amosaban ilusionados con esta sé social. Este club náutico custará un millón e medio de euros, achegados nun 70 % pola Deputación de Pontevedra e o 30 % restante polo Concello da Illa. As obras poderían estar rematadas a finais do 2015.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/23/invernada.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/23/edificio_nautico_ailla.mp4{/flowplayer}