Pontecesures homenaxea a un veciño finado en Angrois

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/24/pontecesures.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/24/entrevista_pontecesures_angrois.mp4{/flowplayer}

PONTECESURES> Estas imaxes que acaban de ver corresponden á homenaxe que tivo lugar esta tarde en Pontecesures. Un dos moitos actos de recordo que se sucederon en toda Galicia para que non se esqueza o acontecido e se faga xustiza.

Os veciños de Pontecesures quixeron hoxe render unha sentida homenaxe a un dos seus veciños, finado fai hoxe hai un ano no accidente ferroviario de Angrois, cando volvía a Pontecesures para acudir á voda do seu irmán. Con este sinxelo acto na estación de tren de Pontecesures, os seus familiares, amigos e veciños piden que non se esqueza o acontecido e que finalmente se faga xustiza. Esta homenaxe partiu dunha iniciativa popular promovida á través do grupo Xente de Pontecesures do Facebook. Amais de ás víctimas, a xornada de hoxe tamén serve para recordar a todas aquelas persoas que solidariamente axudaron nesta traxedia; entre eles grupos de emerxencias da contorna que chegaron tamén desde Pontecesures.