Máis de 400 empresas solicitan á Deputación becarios de 111 titulacións diferentes

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/27/xunta_goberno_deputacion.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/27/xunta_goberno_deputacion.mp4{/flowplayer}

 

PONTEVEDRA> Hoxe foi unha data sinalada para dous dos procesos de prácticas laborais e formación para xente nova postos en marcha pola Deputación de Pontevedra. Por unha banda, o organismo provincial publicou a listaxe das empresas que participarán no segundo Plan de Práctica Laboral; pola outra, pechouse o período de inscrición para matricularse nos tres ciclos superiores de FP en colaboración coa Consellería de Educación e o Grupo Hotusa.

50 rapaces de entre 18 e 29 anos solicitaron matricularse nalgún dos tres ciclos superiores de FP dual que a Deputación porá en marcha en colaboración coa Consellería de Educación e o Grupo Hotusa.

Pero as cifras de inscricións non cumpriron as expectativas do ente provincial. Mentres que nos ciclos de Xestión de Aloxamentos Turísticos e de Dirección de Cociña as solicitudes superan as 15 prazas ofertadas por especialidade, non sucedeu o mesmo no de Dirección de Servizos de Restauración.

Tamén hoxe deuse un paso máis na convocatoria do Segundo Plan de Práctica Laboral. Xa se deu a coñecer o listado das empresas admitidas neste proceso, que recibirán bolseiros de 111 especialidades diferentes.

Respecto do anterior, este plan inclúe unha novidade: a realización dunha proba de nivel de inglés nas becas que demanden dominio desta lingua.

Os candidatos poderán realizar as súas solicitudes a partires da semana do 7 de xullo.