Os Bolechas loitan polos dereitos da infancia en Boiro

    BOIRO> Os Bolechas, eses personaxes creados por Pepe Carreiro, visitaron o concello de Boiro para dar a coñecer o acollemento familiar, unha iniciativa xestionada por Cruz Vermella. Está prevista a súa parada en outras vilas galegas.

    Centos de nenos e nenas subiron hoxe ó autobús dos Bolechas, divertíronse debuxando, cantando no karaoke ou vendo unha película no auditorio que ten ó vehículo. A praza de Galicia acolleu estas e moitas máis actividades e todo con un obxectivo. Desde Cruz Vermella sinalan que hai moitos nenos e nenas necesitados dun fogar temporal, con motivo das difíciles situacións familiares nas que se atopan actualmente. Moitos máis dos que pensamos están ó noso arredor. Desde a entidade animan a toda a veciñanza a colaborar con esta causa, que non conta con excesivos requisitos. O alcalde de Boiro e a concelleira de Servizos Sociais estiveron acompañando ós rapaces para mostrar o seu apoio a esta iniciativa “Os Bolechas Familia Acolledora”